mércores, 16 de abril de 2014

LEXISLACIÓN AMBIENTAL DE PROXECTOS


Circular 05/14
AsuntoCurso: “Lexislación Ambiental de Proxectos”.

Estimado colexiad@:

Continuando o programa de formación 2014, presentamos o curso “Tramitación Ambiental de Proxectos”, de 18 horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado asistente poida coñecer a diferente normativa medioambiental que é necesaria ter en conta durante o exercicio profesional, e dominar os trámites administrativos requiridos.

Programa:
Ø  Avaliación do Impacto Ambiental, Marco Legal.
Ø  Estrutura e Funcións da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Ø  Avaliación Ambiental.
Ø  Lei de Emprendemento.
Ø  Taller de proxectos. Casos prácticos de tramitación.
Ø  Autorización Ambiental Integrada.
Ø  Residuos de Construción e Demolición (RCDs). Marco Legal, Xestión e utilización.

A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN nesta actividade para, unha vez recibidas un mínimo de 20 solicitudes, proceder a súa posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible, dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación.
            Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que a actividade se realice en horario “compatible” coa profesión, as datas e horarios serían as seguintes:

Denominación da actividade
Duración
Temporalización
Lugar de impartición
Tramitación ambiental de proxectos
18 h
9,10,16,23,30,31 de maio
COETI-Santiago

            O horario sería o seguinte:

 


-         
Venres: 19:00 h a 22:00
-          Sábados: 10:00 h a 13:00 h

No tocante ao aspecto económico, a aportación será:
-       Colexiad@s: 60€.
-       Colexiad@s en situación de desemprego: 45€ (previa xustificación da situación de desempregad@).
-       Para profesionais de outros colectivos: 120€.

NOTA: Esta actividade está subvencionada en parte polo Colexio.

Si estás interesad@ na asistencia a esta actividade, por favor fáinolo saber coa maior celeridade posible, a través dos medios habituais:

Tfno.: 981 59 14 72
 Correo_e: santiago@coeticor.org

Quedando á túa disposición, recibe un cordial saúdo.



Asdo.: Bárbara Clavero Leirós
Coordinadora de Formación


Ningún comentario:

Publicar un comentario